Cara á
transformación
ecolóxica

Descobre as tres iniciativas orientadas a reducir a contaminación das augas, facer un uso sostible dos recursos hídricos galegos e desenvolver tecnoloxías para a mellora, valorización e modernización dos recursos naturais e o seu aproveitamento.

CIGAT Circular é a consolidación do Centro Mixto de Investigación, enmarcado dentro do programa Centros Mixtos de Investigación 2022 (IN83C), é o resultado da evolución das Unidades Mixtas CIGAT e CIGAT BIOFACTORÍA. Representa a unión entre a empresa Viaqua S.A.U. e o centro tecnolóxico Fundación Centro Galego de Investigación da Auga, Cetaqua Galicia e A Xunta de Galicia.

CIGAT (2015-2018)

O obxectivo principal é o desenvolvemento de liñas de investigación conxuntas enfocadas a desenvolver tecnoloxías asociadas ao ciclo integral da auga e, para iso, tamén conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

CIGAT BIOFACTORÍA (2018-2021)

O obxectivo é ampliar o alcance dos procesos depurativos na biofactoría de Ourense, explorando solucións para o completo aproveitamento dos materiais presentes nas augas residuais, así como dos residuos asociados, contribuíndo a unha economía circular con residuo cero.

CIGAT CIRCULAR (2022-2025)

O Centro Mixto CIGAT CIRCULAR propón un modelo integral co obxectivo de converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola e rural en recursos de alto valor engadido co obxectivo de contribuír a que Galicia sexa unha rexión neutra en carbono.

CIGAT circular en números

3504712


Orzamento

3


Socios

41 meses


Duración