Socios

Entidades colaboradoras do proxecto

Cetaqua Galicia é unha fundación creada en 2011 por Viaqua, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e que está englobada na rede de Centros Tecnolóxicos Cetaqua.

Desde a súa constitución, desenvolveu máis de 80 proxectos de I+D+i de diferentes tipoloxías e alcances que contribuíron a posicionar esta fundación como un centro referente a nivel europeo na aplicación do coñecemento científico ao ciclo da auga, especialmente no ámbito do tratamento e valorización das augas residuais.

Viaqua é unha empresa galega dedicada ao sector do medio ambiente e á xestión do ciclo integral da agua nun total de 57 municipios galegos. Da man de Cetaqua Galicia, Viaqua aposta pola investigación e o desenvolvemento como bases para construír modelos de innovación aberta baseados na sostibilidade e a equidade social. Viaqua participa na Unidade Mixta CIGAT aportando o seu amplo coñecemento tecnolóxico, económico, enerxético e ambiental na xestión do ciclo integral da agua.

A Xunta defínese no Estatuto de Autonomía, aprobado en 1981, como órgano colexiado do Goberno de Galicia. Na actualidade, a Xunta está composta polo presidente e once conselleiros/as. A comunidade exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e dos seus entes e órganos dependentes.

Entre as tarefas da Xunta, está a de aprobar os regulamentos xerais dos seus propios tributos e elaborar as normas regulamentarias precisas para xestionar os impostos estatais cedidos. Xunto con isto, tamén se encarga de coordinar a actividade das Deputacións Provinciais do seu territorio naquilo que afecte de forma directa ao interese xeral de Galicia. A Comunidade ten a maiores unha serie de competencias exclusivas, como son aquelas referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia.