CIGAT Circular, a aposta de Viaqua e Cetaqua para descarbonizar Galicia grazas á conversión de residuos en recursos

Santiago de Compostela acolleu o mércores 1 de febreiro de 2023 o acto de presentación do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular no edificio AquaHub A Vila da Auga, sede de Viaqua, empresa galega que acumula máis de 50 anos de experiencia na xestión do ciclo urbano da auga, e do seu centro tecnolóxico Cetaqua Galicia.

Acto inaugural de CIGAT Circular en AquaHub A Vila da Auga (Santiago de Compostela, 1 de Febrero de 2023).

CIGAT Circular, un modelo circular para achegar a neutralidade climática ao territorio galego

CIGAT Circular é un proxecto de colaboración entre Viaqua e Cetaqua Galicia, coa financiación da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Cun orzamento total de 3,5 millóns de euros, o proxecto será capaz de xerar 12 postos de traballo de nova creación e de mantemento cualificado.

CIGAT Circular é a modalidade máis alta dentro do Programa de Unidades Mixtas de Investigación e dá continuidade ás Unidades Mixtas CIGAT, que comezou en 2015, e CIGAT Biofactoría, que se consolidou en 2018. Con esta última, as entidades implicadas investiron máis de 6,5 millóns de euros para avanzar cara a unha xestión máis sostible dos recursos.

Santiago inaugura o evento con entidades clave do tecido económico galego

O evento destacou os grandes éxitos acadados ata a data coas anteriores Unidades Mixtas CIGAT CIGAT Biofactoría, que non só permitiron a xeración de novo talento coa creación de 10 postos de traballo, senón que supuxeron un avance “co desenvolvemento industrialización de 6 tecnoloxías innovadoras que deron lugar á presentación de 3 patentes internacionais, a participación directa de máis de 10 empresas e pemes no tecido innovador galego, a creación de 10 novos postos de traballo cualificado ou a consolidación dun modelo de colaboración público-privada, que impulsou a participación de Cetaqua Viaqua en 7 novos proxectos de innovación e permitiu a obtención de 3,5 millóns de euros de fondos europeos para as entidades galegas”, indicou Manuel Cermerón, conselleiro delegado de Agbar, quen abriu o evento.

Manuel Cermeron, CEO de Agbar, abriendo el acto.

Galicia dá un paso máis cara á descarbonización

O principal obxectivo da CIGAT Circular é a descarbonización de Galicia mediante a conversión de residuos en recursos de alto valor engadido. Para iso, integra cinco liñas de traballo: “a primeira céntrase en tratamentos avanzados para a eliminación de microplásticos e a obtención de auga reutilizable; o segundo, no aproveitamento da enerxía para obter hidróxeno verde e biometano. A terceira liña baséase na produción de biocompostos de alto valor engadido e a cuarta, na recuperación de nutrientes e celulosa. Por último, realizarase unha quinta liña de traballo baseada no desenvolvemento dunha plataforma dixital circular”, destacou Teresa Alvariño, xerente de Cetaqua Galicia.

Teresa Alvariño, gerente de Cetaqua Galicia, comentando las líneas de investigación del proyecto CIGAT Circular.

Ademais, estableceuse un marco de colaboración co Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, onde se desenvolverán boa parte das actividades da CIGAT Circular. Esta colaboración ten como obxectivo promover a innovación e a economía circular no ciclo da auga, a través da participación de disciplinas de FP en Galicia, como química, enerxía e auga, fabricación mecánica ou informática e telecomunicacións. Deste xeito, o Centro Mixto achegará ao alumnado unha formación vinculada aos novos retos.

Pecharon o acto o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Conde, aproveitou para felicitar a Viaqua e Cetaqua, así como ás entidades implicadas nas anteriores Unidades Mixtas polo traballo desenvolto. Así mesmo, destacou a importancia de seguir desenvolvendo proxectos de I+D+i que fomenten a colaboración público-privada. Casos de éxito como a CIGAT Circular que engloban a dixitalización, a innovación e a eficiencia enerxética, obxectivos estratéxicos na axenda galega.

“Queremos consolidar este centro de investigación centrado na economía circular, unha forte aposta de Viaqua e Cetaqua polo territorio no que se están contando con pequenas e medianas empresas, centros de investigación, así como universidades e centros de Formación Profesional. A colaboración público-privada, a innovación e o coñecemento serán clave para afrontar con garantías os retos futuros aos que nos enfrontamos e os axentes implicados temos que seguir camiñando xuntos e sumar para superalos con éxito”.

Francisco Conde, Vicepresidente Primero y Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación de la Xunta de Galicia.

Pola súa banda, Bugallo destacou os beneficios que CIGAT Circular aportará ao territorio galego e a necesidade de abandonar o modelo económico lineal para avanzar cara a modelos circulares que convertan os residuos en recursos. Tamén incidiu en que

“A investigación e a tecnoloxía son fundamentais para garantir unha subministración de auga en cantidade e calidade suficientes e un retorno á natureza que non condicione a vida dos nosos ecosistemas. As biotecnoloxías serán claves para logralo e grazas a este Centro de Investigación estaremos máis preto de acadar unha Galicia máis sostible e resiliente”.

Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela.

Con esta finalidade nace o Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, un proxecto que dá un paso adiante no cumprimento dos obxectivos de Galicia na loita contra o cambio climático.

Share:

More news

CIGAT Circular: Contribuíndo á descarbonización de Galicia

O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular propón un modelo integral para converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola... View Article